musica de rock

Música rock

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Música rock
Elvis Presley promoting Jailhouse Rock.jpg
Orixe musicalrock and rollblues eléctricojazzfolkcountrybluesrhythm and bluessoul
Orixe culturalanos 50 e 60 no Reino Unido e os Estados Unidos
Instrumentos típicosvoces, guitarra eléctrica, baixo, guitarra acústica, batería, piano, sintetizador, teclados
DerivadosNew Agesynthpop
Subxéneros
rock alternativo - art rock - baroque pop - música beat - Britpop - emo - rock experimental - garage rock - glam rock - rock gótico - grunge - hard rock - hardcore punk - heartland rock - heavy metal - rock instrumental - indie rock - rock industrial - jangle pop - Krautrock - Madchester - New Wave - noise rock - post-punk - post-rock - power pop - rock progresivo - protopunk - rock psicodélico - punk rock - soft rock - southern rockmúsica surf - rock sinfónico - stoner rock
Instrumentos típicos da música rock.
Rock ou música rock é un xénero musical popular que se desenvolveu durante e despois da década de 1950. As súas raíces atópanse no rock and roll e máis no rockabilly que emerxeu e se definiu nos Estados Unidos de América ao final dos anos corenta e inicio dos cincuenta. Evolucionou a partir do blues, da música country e do rhythm and blues, entre outras influencias musicais que mesmo inclúen o folk, o jazz e a música clásica. Todas estas influencias combinadas nunha estrutura musical bailábel e de composición sinxela.
Os sons do rock adoitan xirar sobre a guitarra eléctrica ou acústica, e ten unha forte sección rítmica formada polo baixo, a batería, e instrumentos de teclado coma órgano, piano ou, dende os anos 70, os sintetizadores. Xunto coa guitarra ou os teclados, ás veces tamén son usados como instrumentos solistas o saxofón ou a harmónica cun estilo blues.
A finais dos 60 e principios dos 70 desenvolvéronse diferentes estilos dentro do rock. Cando foi mesturado coa música folk apareceu o folk rock, uníuse ao blues para crear o blues-rock e co jazz na jazz-rock fussion. Nos anos 70 o rock incorporou influencias do soul, o funk e a música latina. Tamén nesa época desenvolvéronse numerosos subxéneros, coma o soft rockglam rockheavy metalhard rockrock progresivo e punk rock. Os subxéneros que xurdiron nos anos 80 inclúen o New Wave, o hardcore punk e o rock alternativo. Nos anos 90 apareceron o grunge, o britpop, o indie rock e o nu metal.

Orixes[editar | editar a fonte]

Rock and roll[editar | editar a fonte]

Os fundamentos da música rock atopámolos no rock and roll, orixinado nos Estados Unidos durante os últimos anos da década dos 40 e os primeiros da década dos 50, e rapidamente estendeuse ao resto do mundo. As súas orixes inmediatas eran unha mestura de varios xéneros musicais dos cidadáns negros da época, como rhythm and blues e música gospel, con country and western. En 1951, o pinchadiscos de Cleveland, Ohio Alan Freed comezou a poñer música rhythm and blues para unha audiencia multi-racial, e está considerado o primeiro en usar a frase "rock and roll" para desribir a música[1] .
Existe un gran debate sobre cal foi a primeira gravación de rock and roll. As "competidoras" son "Rock Awhile" de Goree Carter (1949); "Rock the Joint" de Jimmy Preston (1949), que posteriormente versionou Bill Haley & His Comets en 1952; e "Rocket 88" de Jackie Brenston and his Delta Cats, gravada por Sam Phillips para Sun Records en 1951. Catro anos despois "Rock Around the Clock" de Bill Haley converteríase na primeira canción de rock and roll en encabezar as listas de vendas e difusión por radio da revista Billboard, abrindo a porta a todo o mundo para esta nova forma de expresión da cultura popular[2] .
Díxose que "That's All Right (Mama)" (1954), o primeiro sinxelo de Elvis Presley para Sun Records en Memphis, foi a primeira gravación de rock and roll, pero, nese mesmo tempo, "Shake, Rattle & Roll" de Big Joe Turner, posteriormente versionada por Haley, xa estaba na cima das listas R&B da Billboard. Outros artistas artifices dos primeiros éxitos do rock and roll foron Chuck BerryBo DiddleyFats DominoLittle RichardJerry Lee Lewis e Gene Vincent. Ao pouco tempo o rock and roll era o principal xénero en volume de vendas nos Estados Unidos e os crooners, como Eddie FisherPerry Como e Patti Page, que dominaran a música popular na década anterior, atoparon o seu acceso ás listas de pop considerablemente reducido.
O rock and roll deu pé á aparición de distintos subxéneros como o rockabilly, que combinaba o rock and roll co country "hillbilly", que normalmente era cantado a mediados dos 50 por cantantes brancos como Carl PerkinsJerry Lee LewisBuddy Holly ou Elvis Presley. En contraste, o doo wop enfatizou as harmonías vocais, formadas por varias voces, e as letras sen sentido de acompañamento (das cales o xénero collería posteriormente o seu nome), que era normalmente apoiado por instrumentación lixeira e ten as súas orixes nos grupos vocais afroamericanos dos anos 30 e 40. Artistas como The CrowsThe PenguinsThe El Dorados e The Turbans conseguiron grande éxitos, e grupos como The Platters, con cancións como "The Great Pretender" (1955), e The Coasters, con temas humorísticos como "Yakety Yak" (1958), estiveron entre os artistas de rock and roll máis exitosos deses período.
A época tamén viu como medrou a popularidade da guitarra eléctrica, e o desenvolvemento dunha forma específica de interpretar rock and roll a través de expoñentes como Chuck BerryLink Wray e Scotty Moore. O uso da distorsión, do que foron pioneiros guitarristas de blues eléctrico como Guitar SlimWillie Johnson e Pat Hare a principios dos 50, foi popularizado por Chuck Berry a mediados da década. O uso de power chords, iniciado por Willie Johnson e Pat Hare os comezos dos anos 50 foi popularizado por Link Wray a finais.
No Reino Unido, os movementos trad jazz e folk levaron á visita de artistas de blues ao país. O éxito de 1955 de Lonnie Donegan "Rock Island Line" foi unha gran influencia, e axudou a desenvolver a tendencia dos grupos de skiffle en todo o Reino Unido, moitos dos cales, incluídos The Quarrymen de John Lennon, cambiaron para tocar rock and roll.
Os estudosos do rock perciben un declive no rock and roll a finais dos 50 e comezos dos 60. Cara 1959, a morte de Buddy HollyThe Big Bopper e Richie Valens nun accidente de avión, a marcha de Elvis Presley ao exército, o retiro de Little Richard para converterse en predicador, os procesamentos de Jerry Lee Lewis e Chuck Berry, e un escándalo de subornos que implicou a figuras como o pinchadiscos Alan Freed, levaron á sensación de que a primeira época do rok and roll chegara ao seu fin.

Os anos intermedios[editar | editar a fonte]

O tempo que vai dende finais dos 50 ata comezos dos 60, entre o final do período inicial de innovación e o que foi coñecido nos Estados Unidos como a "British Invasion", foi tradicionalmente vista como unha época de hiato para o rock and roll. Máis recentemente algúns actores enfatizaron importantes innovacións e tendencias neste período, sen os cales non poderían levarse a cabo futuros desenvolvementos. Mentres que nos primeiros anos do rock and roll, particularmente durante a chegada do rockabilly, viuse un maior éxito comercial entre intérpretes masculinos e brancos, neste tempo estivo dominado por artistas negros e mulleres. O rock and roll non desaparecera a finais dos anos 50 e parte da súa enerxía pode verse nos bailes Twist de principios da década dos 60, cun dos máximos representantes na figura de Chubby Checker. O doo wop morrera a finais da década, pero tivo un rexurdimento nos primeiros anos 60, destacando artistas como The MarcelsThe CaprisMaurice Williams e Shep and the Limelights. A aparición de grupos de rapazas como The ChantelsThe Shirelles e The Crystals puxo un énfase nas harmonías e nunha produción máis pulcra que contrastaba co rock and roll anterior. Moitos dos máis significativos éxitos dos grupos de rapazas foron produtos do Brill Building Sound, chamado así por un bloque de edificios de Nova York onde vivían moitos compositores. Entre estes éxitos estiveron "Will You Love Me Tomorrow" de The Shirelles en 1960, escrito por Gerry Goffin e Carole King.
Cliff Richard tivo o primeiro éxito do rock and roll británico con "Move It", iniciando así o son do rock británico[3] . A comezos da década dos 60, o seu grupo de acompañamento, The Shadows, era a banda máis exitosa gravando temas instrumentais. Mentres que o rock 'n' roll esvaecíase cara o pop lixeiro e as baladas, os grupos de rock británicos en lubs e salas de baile, fortemente influenciados po pioneiros do blues-rock como Alexis Korner, comezaron a tocar cunha intensidade e unha intención atopada nos artistas brancos estadounidenses.
Tamén foi significativa a aparición da música soul cunha forza comercial importante. Desenvolvida a partir do rhythm and blues con elementos do gospel e do pop, e liderada por pioneiros como Ray Charles e Sam Cooke dende mediados dos 50, a principios dos anos 60 figuras como Marvin GayeJames BrownAretha FranklinCurtis Mayfield e Stevie Wonder dominaban as listas de R&B e entraron nas principais listas de pop, axudando a acelerar a súa disgregación, mentres que os selos Motown e Stax/Volt pasaban a colocarse entre os primeiros postos da industria musical. Todos estes elementos, incluídas as harmonías próximas do doo wop e dos grupos de rapazas, a coidadosa elaboración dos compositores do Brill Building Sound e os pulidos valores de produción no soul, foron vistos como influencia do son Merseybeat, particularmente nos primeiros traballos de The Beatles e a través deles conformando a música rock posterior. Algúns historiadores da música tamén apuntaron aos importantes e innovadores avances tecnolóxicos que construíron o rock and roll nese momento, incluído o tratamento electrónico do son por innovadores como Joe Meek, e os elaborados métodos de produción de Wall of Sound seguidos por Phil Spector.

Música surf[editar | editar a fonte]

O rock and roll instrumental, do que foron pioneiros artistas como Duane EddyLink Wray e The Ventures, desenvolveuno Dick Dale que engadiu a distintiva reverberación "húmida", unha pulsación das cordas coa man dereita con alternancia rápida, así como influencias de Oriente Medio e México, producindo o éxito rexional "Let's Go Trippin'" en 1961 e iniciando a febre pola música surf, ao que seguirían temas como "Misirlou" (1962). Ao igual que Dale e os seus Del-Tones, a meirande parte das primeiras bandas de surf formáronse no Sur de California, e entre elas estaban The Bel-AirsThe Challengers e Eddie & the ShowmenThe Chantays conseguiron entrar no top 10 nacional con "Pipeline" en 1963, e probablemente o tema surf máis coñecido sería "Wipe Out" (1963), de The Surfaris, que chegaría aos postos 2 e 10 das listas da Billboard en 1965[4] .
A crecente popularidade do xénero levou a grupos doutras zonas a probar sorte. Entre estes grupos estaban The Astronauts de Boulder, ColoradoThe Trashmen de Minneapolis, Minnesota, que proseguiran un número 4 con "Surfin Bird" en 1964; e The Rivieras de South Bend, Indiana, que acadaran o número 5 con "California Sun" tamén no ano 1964. The Atlantics, procedentes de Sydney, realizaron unha contribución significativa ao xénero co seu éxito "Bombora" (1963). Bandas instrumentais europeas dese tempo polo xeral centráronse máis no estilo rock and roll, tocado por conxuntos como The Shadows, pero The Dakotas, que era a banda de acompañamento do cantante británico de Merseybeat Billy J. Kramer, gañaron unha certa atención como músicos de surf con "Cruel Sea" (1963), que posteriormente sería versionada por bandas de surf instrumental estadounidense, como The Ventures.
A música surf conseguiu o seu maior éxito comercial como música vocal, particularmente co traballo de The Beach Boys, formada en 1961 en Southern California. Seus primeiros álbums inclúen tanto surf rock instrumental (entre eses temas hai versións de temas de Dick Dale) e cancións vocais, influenciadas polo rock and roll e o doo wop e das harmonías de artistas de pop vocal como The Four Freshmen. O primeiro éxito seu que destacou nas listas, "Surfin'" (1962), entrou no top 100 da Billboard e axudou a facer da manía da música surf un fenómeno nacional. Dende 1963 o grupo comezou a deixar o surf a medida que Brian Wilson pasaba a ser o principal compositor e produtor, movéndose cara temáticas máis xerais da adolescencia dos homes como os coches e as rapazas en cancións como "Fun, Fun, Fun" (1964) e "California Girls" (1965).
Aos Beach Boys seguíronlle outros conxuntos de surf vocal, como os one-hit wonders Ronny & the Daytonas con "G. T. O." (1964) e Rip Chords con "Hey Little Cobra", chegando os dous temas ao top 10. Pero o único outro artista en ter un éxito substancial con esa fórmula foi Jan & Dean, que tivo un número 1 con "Surf City" (co-escrita con Brian Wilson) en 1963. A manía da música surf e as carreiras de case todos os artistas do xénero remataron coa chegada da British Invasion dende 1964. Só The Beach Boys foron capaces de manter unha carreira creativa a mediados dos anos 60, producindo un feixe de sinxelos e álbums exitosos, como o Pet Sounds de 1966, sendo probablemente o único grupo estadounidense que puido ser rival dos Beatles no seu tempo.

Idade dourada[editar | editar a fonte]

A Invasión Británica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Invasión Británica.
Os Beattles chegando a Nova York en xaneiro de 1964 no comezo da Invasión Británica
Cara finais de 1962, o que se convertería na escena británica do rock iniciouse con grupos de beat como The BeatlesGerry & The Pacemakers e The Searchers de Liverpool, e Freddie and the DreamersHerman's Hermits e The Hollies de Manchester. Estas bandas baseáronse nun amplo espectro de influencias estadounidense, como o soul, o rhythm and blues e a música surf, inicialmente reinterpretando melodías estándar estadounidenses e tocándooas para o baile. Grupos como The Animals de Newcastle e Them de Belfast, e particularmente as procedentes de Londres como The Rolling Stones e The Yardbirds, estiveron máis directamente influenciados polo rhythm and blues e posteriormente polo blues. Ao pouco tempo estes conxuntos estaban xa compoñendo o seu propio material, combinando formas estadounidenses de música en infundíndlle ritmos moi enérxicos. As bandas de beat tendían cara "vivas melodías irresistibles", mentres que os primeiros artistas británicos de rhythm and blues ían cara cancións máis agresivas e menos inocentes, adoptando a miúdo unha postura anti-sistema. oubo, porén, particularmente nas primeiras fases, considerables cruces musicais entre as dúas tendencias. Cara 1963, liderados polos Beatles, os grupos de beat comezaran a acadar éxito nacional no Reino Unido, e ao pouco serían seguidos polas bandas máis enfocadas cara o rhythm and blues.
"I Want to Hold Your Hand" foi o primeiro número 1 dos Beatles na lista Billboard Hot 100, pasando 7 semana na súa cima e un total de 15 semanas na lista. A súa primeira aparición no programa The Ed Sullivan Show o 9 de febreiro, cunha audiencia estimada de 73 millóns de televidentes (no tempo un récord para un programa de televisión nos Estados Unidos), adoita a ser considerada un hito na cultura popular estadounidense. Os Beatles chegou a ser a banda de rock con maiores vendas de todos os tempos e foi seguida nas listas dos Estados Unidos por numerosos grupos británicos. Durante os seguintes dous anos os artistas do Reino Unido dominaron tanto as listas do seu país como as estadounidense, con Peter and GordonThe AnimalsManfred MannPetula ClarkFreddie and the DreamersWayne Fontana and the MindbendersHerman's HermitsThe Rolling StonesThe Troggs e Donovan tendo un ou máis sinxelos números 1. Outras grandes bandas que formaron parte da invasión británica foron The Kinks e The Dave Clark Five.
A Invasión Británica axudou a internacionalizar a produción de rock and roll, abrindo as portas a posteriores artistas británicos (e irlandeses) para que acadasen o éxito internacional. En Estados Unidos pode dicirse que significou o final da música surf instrumental, dos grupos vocais femininos e (durante un tempo) dos ídolos adolescentes, que dominaran as listas do país a finais dos 50 e nos anos 60. Isto fixo mella nas carreiras de artistas de R&B establecidos como Fats Domino e Chubby Checker e incluso temporalmente botou fóra das listas de éxito a artistas supervivintes do rock and roll, incluído a Elvis. A Invasión Británica tamén xogou un papel importante na aparición dun xénero distintivo da música rock, e cementou a primacía do grupo de rock, baseado en guitarras e batería e producindo o seu propio material como cantautores.

Garage rock[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Garage rock.
O garage rock foi unha forma de música rock de afeccionados, particularmente frecuente en Norteamérica a mediados dos anos 60 e chamada así pola percepción de que as bandas deste estilo ensaiaban nos garaxes das familias suburbanas. As cancións do garage rock xiraban ao redor dos traumas da vida no instituto, sendo moi comúns os temas que falaban sobre "rapazas mentirosas". As letras e a entrega eran máis agresivos que o normal nese tempo, acotío con voces berradas. Esténdese dende música crua dun só acorde (como The Seeds) ata case a calidade musical de estudio (como The KnickerbockersThe Remains e The Fifth Estate). Houbo tamén variacións rexionais en moitas partes do país con florecentes escenas particularmente en California e Texas. Os estados de Washington e Oregon tiveron quizais o son rexional máis definido.
O estilo foi evolucionando dende as escenas rexionais xa dende 1958. "Tall Cool One" (1959) de The Wailers e "Louie Louie" de The Kingsmen (1963) son exemplos de temas do xénero que chegaron ao gran público nas súa fase formativa. Cara 1963 os sinxelos das bandas de garage estaban arrasando nas listas nacionais en gran cantidade, incluíndo temas de Paul Revere and the RaidersThe Trashmen e The Rivieras. Outras influínres bandas de garage, como The Sonics, nunca entraron na lista Billboard Hot 100. Nos seus primeiros tempos moitos grupos estiveron fortemente influenciados polo surf rock e houbo unha polinización cruzada entre o garage rock e o frat rock, que ás veces é visto como un subxénero do garage rock.
Invasión Británica de 1964–66 influenciou enormemente aos grupos de garage, proporcionándolles unha audiencia nacional, levando a moitos grupos (a miúdo de surf ou hot rod) a adoptar a entonación da Invasión Británica, e fomentando que se formasen moitas máis bandas. Milleiros de grupos de garage estiveron activas nos Estados Unidos e Canadánesa época e centos delas produciron hits rexionais. A pesar de que ducias de bandas asinasen con grandes discográficas ou importantes selos rexionais, a meirande parte delas foron un fracaso comercial. En xeral acéptase que o garage rock chegou ao seu cumio comercial e artístico sobre 1966. Cara 1968 o estilo case desaparecera das listas nacionais e a nivel local existía como grupos de afeccionados. Novos estilos evolucionaron para substituír ao garage rock, como o blues rock, o rock progresivo e o country rock. En Detroit o garage estivo vivo ata principios dos 70, con bandas como MC5 e The Stooges, que empregaban un estilo moito máis agresivo. Estes grupos comezaron a ser etiquetados como punk rock e na actualidade adoitase a falarse delas como banda de proto-punk ou proto-hard rock.

Pop rock[editar | editar a fonte]

Artigo principal: pop rock.
The Everly Brothers
O termo pop ven sendo usado dende principios do século XX para referirse á música popular en xeral, pero dende mediados dos anos 50 comezou a utilizarse para un xénero distintivo, dirixido a un mercado xove, a miúdo caracterizado como unha alternativa máis suave do rock and roll. Como consecuencia da Invasión Británica, ao redor de 1967, utilizouse cada vez máis en oposición ao termo música rock, describindo unha forma que era máis comercial, e fímera e accesible. A diferenza do pop, o rock era visto como algo máis centrado en traballos extensos, particularmente álbums, asociado a miúdo con sub-culturas particulares (como a contra-cultura), facendo fincapé nos valores artísticos e na "autenticidade", destacando as actuacións ao vivo e o visrtuosismo vocal ou instrumental, e acotío visto como un resumo de desenvolvementos progresivos e non como algo que sinxelamente reflectía as tendencias existentes.
Porén, moita música pop e rock ten sido moi semellante no seu son, instrumentación e incluso no contido lírico. Os termos "pop-rock" e "power pop" foron usados para describir música máis exitosa comercialmente que usa elementos ou formas do rock. O pop-rock foi definido como unha "variedade optimista da música rock representada por artistas como Elton JohnPaul McCartneyThe Everly BrothersRod StewartChicago e Peter Frampton". O termo power pop foi cuñado por Pete Townshend de The Who en 1966, pero non foi moi usado ata que se aplicou a bandas como Badfinger nos anos 70, que tivo algúns dos maiores éxitos comerciais desa época. Ao longo da súa historia houbo grupos de rock que usaron elementos do pop, e artistas de pop que usaron música rock como base para o seu traballo, ou buscando a "autenticidade" do rock.

Blues rock[editar | editar a fonte]

Artigo principal: blues rock.
Aínda que o primeiro impacto da Invasión Británica na música popular estadounidense foi a través de artistas baseados no beat e no R&B, o ímpeto foi collido ao pouco tempo por unha segunda quenda de bandas que se inspiraban máis directamente no blues estadounidense, como The Rolling Stones e The Yardbirds. Os músicos de blues británicos de finais dos 50 e principios dos 60 inspiráranse no son acústico de figuras como Lead Belly, que foi unha das principais influencias no popular xénero skiffle, e Robert Johnson. Cada vez máis foron adoptando un forte son amplificado, a miúdo centrado ao redor da guitarra eléctrica, baseado no blues de Chicago, particularmente despois da xira británica de Muddy Waters en 1958, que levou a Cyril Davies e ao guitarrista Alexis Korner a formar o grupo Blues Incorporated. A banda involucrou e inspirou a moitas das figuras do estoupido do blues británico posteriormente, como os membros de The Rolling Stones e Cream, combinando estándares de blues e formas con énfase e instrumentación do rock.
O outro elemento clave para o blues británico foi John Mayall, que formou The Bluesbreakers, onde estiveron Eric Clapton (tras deixar The Yardbirds) e posteriormente Peter Green. Particularmente significativa foi a edición do álbum Blues Breakers with Eric Clapton en 1966, considerada unha das gravacións seminais do blues británico, e cun son que moitos trataron emular tanto no Reino Unido como nos Estados Unidos. Eric Clapton formaría os supergrupos CreamBlind Faith e Derek and the Dominos, ao que lle seguiría unha extensa carreira en soltario que axudaría a levar o blues rock ao gran público. Green, xunto coa sección rítmica dos Bluesbreaker, Mick Fleetwood e John McVie, formaron Fleetwood Mac, que conseguiu algúns dos maiores éxitos comerciais do xénero. A finais dos anos 60 Jeff Beck, tamén un alumno de The Yardbirds, movou o blues rock na dirección do heavy rock coa súa banda, The Jeff Beck Group. O derradeiro guitarrista dos Yardbirds foi Jimmy Page, que pasaría a formar The New Yardbirds que ao pouco tempo se convertería en Led Zeppelin. Moitas das cancións dos seus tres primeiros álbums, e agunhas posteriormente na súa carreira, foron extensións de temas de blues tradicionais.
Nos Estados Unidos o blues rock iniciárase a principios dos anos 60 polo guitarrista Lonnie Mack, pero o xénero comezou a coller pulo a mediados da década cando algúns artistas desenvolveron un son semellante aos dos músicos de blues británicos. Figuras clave son Paul Butterfield (cuxa banda actuou como os Bluesbreakers no Reino Unido, como un punto de inicio para moitos exitosos músicos), Canned Heat, os primeiros Jefferson AirplaneJanis JoplinJohnny WinterThe J. Geils Band e Jimi Hendrix co seu tríos, The Jimi Hendrix Experience e Band of Gypsys, cuxo virtuosismo coa guitarra e talento para o espectáculo estiveron entre os máis imitados da década. Bandas de blues rock dos estados do sur, como Allman Brothers BandLynyrd Skynyrd e ZZ Top, incorporaron elementos do country ao seu estilo, producindo o distintivo southern rock.
Os primeiros grupos de blues rock adoitaban a emular ao jazz, tocando longas e complicadas improvisacións, que posteriormente serían un dos elementos principais do rock progresivo. Dende aproximadamente 1967 bandas como Cream e The Jimi Hendrix Experience comezaron a alonxarse da música puramente baseada no blues dirixíndose cara a psicodelia. Cara os 70 o blues rock fixérase máis pesado e máis baseado nos riffs, exemplificado polo traballo de Led Zeppelin e Deep Purple, e as liñas entre o blues rock e o hard rock apenas eran visibles, xa que as bandas comezaron a gravar álbum cun estlo máis roqueiro. O xenero foi continuado nos anos 70 por figuras como George Thorogood e Pat Travers, pero, particularmente na escena británica (agás quizais pola chegada de bandas como Status Quo e Foghat que se moveron cara unha forma enérxica e repetitiva de boogie rock), os grupos centráronse na innovación do heavy metal, e o blues rock comezou a desaparecer do mainstream.

Folk rock[editar | editar a fonte]

Artigo principal: folk rock.
Noa anos 60 a escena que se desenvolvera a partir do rexurdimento do folk estadounidense medrara e transformáranse nun gran movemento, utilizando música tradicional e composicións novas nun estilo tradicional, normalmente con instrumentos acústicos[5] . Nos Estados Unidos o xénero foi iniciado por figuras como Woody Guthrie e Pete Seeger, e adoita a ser identificado a políticas progresistas. A comezos dos anos 60 músicos como Joan Baez e Bob Dylan pasaran a un primeiro plano neste movemento como cantautores. Dylan comezara a acadar popularidade entre o gran público cos seus éxitos "Blowin' in the Wind" (1963) e "Masters of War" (1963), que levaron as "cancións protesta" a un público máis amplo, pero, a pesar de comezar a influír noutras, o rock e folk mantíñanse aínda como xéneros moi separados.
Os primeiros intentos de combinar elementos do folk e do rock inclúen os temas "House of the Rising Sun" (1964) de The Animals, que foi a primeira canción de folk con éxito comercial gravada con instrumentación rock and roll, e a dos Beatles "I'm a Loser" (1964), posiblemente a primeira canción dos Beatles influída directamente por Dylan. Adoita a crese que o movemento folk rockcomezou a coller pulo coa gravación de The Byrds do tema de Dylan "Mr. Tambourine Man", que acadou a cima das listas en 1965. Con membros que formaran parte da escena folk de Los Angeles, The Byrds adoptaron instrumentación rock, incluída batería e guitarras Rickenbacker de 12 cordas, que se converteu nun elemento principal no son do xénero. Posteriormente ese mesmo ano Dylan adoptou instrumentos eléctricos, coa indignación de moitos puristas do folk, no seu "Like a Rolling Stone" que sería un éxito nos Estados Unidos. O folk rock comeou a ter éxito en California, onde estaba dirixido por artistas como The Mamas & the Papas e Crosby, Stills and Nash ao moverse cara a instrumentación eléctrica, e en Novs York, de onde saíron The Lovin' Spoonful e Simon and Garfunkel.
Estes artistas influíron directamente a intérpretes británicos como Donovan e Fairport Convention. En 1969 Fairport Convention abandonou a súa mestura de versións e temas influenciados por Dylan para tocar música folk tradicional inglesa con instrumentos eléctricos. Este folk eléctrico foi collido or bandas como PentangleSteeleye Span e The Albion Band, que á súa vez impulsaron a grupos irlandeses como Horslips e escoceses como JSD BandSpencer's Feat e Five Hand Reel, a usar a súa música tradicional para crear unha marca de rock celta a comezos dos 70.
folk rock acadou o seu pico de popularidade comercial entre 1967 e 1968, antes de que moitos artistas se movesen cara distintas direccións, como Dylan e The Byrds, que comezaron a desenvolver o country rock. Porén, a hibridación de folk e rock tivo unha gran influencia no desenvolvemento da música rock, traendo elementos de psicodelia e axudando a desenvolver as ideas dos cantautores, as cancións protesta e os conceptos de "autenticidade".

Rock psicodélico[editar | editar a fonte]

Artigo principal: rock psicodélico.
A música psicodélica inspirada no ambiente do LSD iniciouse na escena folk, usando o termo os neoiorquinos Holy Modal Rounders na súa gravación de 1964 "Hesitation Blues". O primeiro grupo en promocionarse como rock psicodélico foi The 13th Floor Elevators de Texas, a finais de 1965; producindo un álbum ao aono seguinte que deixaba clara a súa dirección, The Psychedelic Sounds of the 13th Floor ElevatorsThe Beatles introduciron moitos dos principais elementos do son psicodélico ao público nese período, con "I Feel Fine" usando guitarras retroalimentadas; a finais de 1965 o álbum Rubber Soul incluíu o uso dun sitar en "Norwegian Wood" e a banda empregou backmasking na cara-b "Rain" e noutros temas que aparecerían no álbum Revolver.
O rock psicodélico colleu pulo particularmente na emerxente escena de California cando os grupos seguiron a The Byrds dende o folk cara o folk rock dende 1965. O estilo de vida psicodélico desenvolvérase xa en San Francisco e artistas prominentes da escena eran The Grateful DeadCountry Joe and the FishThe Great Society e Jefferson Airplane. The Byrds progresaron rapidamente do folk rock puro en 1966 co seu sinxelo "Eight Miles High", amplamente tomado como unha referencia no uso das drogas. No Reino Unido sen dúbida a banda máis influente do xénero foi The Yardbirds, a cal, con Jeff Beck como guitarrista, moveuse cara o territorio psicodélico. Dende 1966 a escena underground británico baseada no norte de Londres, contou co apoio de novos artistas como Pink FloydTraffic e Soft Machine. Ese mesmo ano apareceu o exitoso álbum influído polo folk de Donovan Sunshine Superman, considerado un dos primeiros discos de pop psicodélico, e ademais estreáronse as bandas de blues rock Cream e The Jimi Hendrix Experience, que serían figuras claves na psicodelia.
O rock psicodélico acadou o seu apoxeo nos últimos anos da década. En 1967 os Beatles publicaron a súa declaración psicodélica definitiva con Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, onde se incluía a controvertida canción "Lucy in the Sky with Diamonds", e The Rolling Stones responderon ese mesmo ano con Their Satanic Majesties RequestPink Floyd produciu o que normalmente é considerado a súa mellor obra psicodélica, The Piper at the Gates of Dawn. Nos Estados Unidos o Verán do Amor foi precedido polo evento Human Be-Ine acadou a cima no Monterey Pop Festival, que axudou a converter en grandes estrelas no país a Jimi Hendrix e The Who, cuxo sinxelo "I Can See for Miles" adentrouse no territorio psicodélico. Gravacións clave do xénero foron Surrealistic Pillow de Jefferson Airplane e Strange Days de The Doors. Esas tendecias chegaron ao seu clímax no Festival de Woodstock de 1969, onde actuaron a meirande parte dos principais artistas da psicodelia, pero cara finais da década o rock psicodélico atopábase en retroceso. Brian Wilson dos Beach BoysBrian Jones dos Rolling StonesPeter Greende Fleetwood Mac e Syd Barrett de Pink Floyd foron as primeiras "baixas do ácido", The Jimi Hendrix Experience e Cream separáronse ao rematar os anos 60 e moitos grupos superviventes pasáronse da psicodelia a un rock de raíces máis básico, ao rock progresivo ou ao heavy rock.

Progresión[editar | editar a fonte]

Roots rock[editar | editar a fonte]

Artigo principal: roots rock.
Roots rock é o termo usado agora para describir un alonxamento do que algúns viron como os excesos da escena psicodélica, cara unha forma máis básica de rock and roll que incorporaba as súas influencias orixinais, particularmente country e folk dando lugar á creación do country rock e o southern rock. En 1966 Bob Dylan foi a Nashville para gravar o álbum Blonde on Blonde[6] . Este, e os posteriores traballos máis claramente influenciados polo country, foron vistos como creadores do xénero do country folk, un camiño que seguiron un gran número de músicos folk principalmente acústicos. Outros artistas que seguiron esta tendencia de volver ás bases foron os canadenses The Band e os californianos Creedence Clearwater Revival, que mesturaron rock and roll básico con folk, country e blues, para estar entre as máis exitosas e influentes bandas de finais dos anos 60. O mesmo movemento viu o inicio das carreiras de artistas en solitario como Ry CooderBonnie Raitt e Lowell George, e influenciou no traballo de músicos xa establecidos como o Beggars Banquet (1968) dos Rolling Stones e o Let It Be (1970) dos Beatles.
En 1968 Gram Parsons gravou Safe at Home coa International Submarine Band, sendo posiblemente o primeiro disco de country rockverdadeiro. Posteriormente ese mesmo ano uníuse a The Byrds para gravar Sweetheart of the Rodeo (1968), xeralmente considerada unha das gravacións máis importantes do xénero. The Byrds continuaron polo mesmo camiño, pero Parsons deixou o grupo para unirse a outro ex-membro da banda, Chris Hillman, e formar The Flying Burrito Brothers, que axudou a establecer a respetabilidade e os parámetros do estilo antes de que Parsons marchase para realizar carreira en solitario. Bandas en California que adoptaron o foron Hearts and FlowersPocoNew Riders of the Purple SageThe Beau Brummels e Nitty Gritty Dirt Band. Algúns artistas tamén gozaron dun renacimento adoptando sons country, como The Everly BrothersRick NelsonMike Nesmith e Neil YoungThe Dillards foron, excepcionalmente, unha banda de country que se moveu cara a música rock. O maior éxito comercia para o country rock chegou nos anos 70 con músicos como The Doobie BrothersEmmylou HarrisLinda Ronstadt e The Eagles (composta por membros de Burritos, Poco e Stone Canyon Band), que chegou a ser un dos grupos de rock máis exitosos de todos os tempos[7].
The Allman Brothers Band adoitan a ser considerados como os fundadores do southern rock, ao desenvolver un son distintivo, derivado principalmente do blues rock pero que incorporaba elementos do boogie, do soul e do country a comezos dos 70. O grupo máis exitoso que os seguiu foi Lynyrd Skynyrd, que axudou a establecer a imaxe do subxénero e a forma do rock de guitarras dos anos 70. Entre os seus sucesores estaban Dixie DregsOutlawsWet Willie e Ozark Mountain Daredevils. Tras a perda dos membros orixinais de Allmans e Lynyrd Skynyrd, o xénero comezou a perder popularidade cara finais da década, pero aguantou nos 80 con artistas como .38 SpecialMolly Hatchet e The Marshall Tucker Band.

Rock progresivo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: rock progresivo.
O rock progresivo, un termo ás veces de xeito intercambiable co art rock, foi un intento de ir máis alá das fórmulas musicais experimentando con diferentes instrumentos, tipos de cancións e formas. Dende mediados dos 60 The Left BankeThe BeatlesThe Rolling Stones e The Beach Boys foran pioneiros na inclusión de clavicémbalos e seccións de vento e corda nas súas gravacións para producir unha forma de baroque rock, e ese son pode escoitarse en temas como "A Whiter Shade of Pale" (1967) de Procol Harum, coa súa introdución inspirada en BachThe Moody Blues usou unha orquestra completa no seu álbum Days of Future Passed (1967) e posteriormente crearon sons orquestrais con sintetizadores. Orquestración clásica, teclados e sintetizadores eran frecuentes engadidos ao formato de rock guitarras, baixo e batería no rock progresivo[8].
Os temas instrumentais eran comúns, mentres que as cancións con letras ás veces eran conceptuais, abstractas ou baseadas na fantasía e na ciencia-ficción. Os álbums SF Sorrow (1968) de The Pretty ThingsTommy (1969) de The Who e Arthur (Or the Decline and Fall of the British Empire) de The Kinks (1969) introduciron o formato de opera rock e abriron a porta aos álbums conceptuais, contando a miúdo unha historia épica ou abordando un gran tema central. O álbum de estrea de King CrimsonIn the Court of the Crimson King (1969), que mesturaba potentes riffs de guitarra e melotrón, con música jazz e sinfónica, adoita a ser collido como a gravación clave no rock progresivo, axudando á adopción xeralizada do xénero a principios dos 70 entre as bandas de blues-rock e rock psicodélico, ademais de que se formasen novos grupos.
Yes en 1977
A vibrante escena de Canterbury viu a artistas que seguiron a Soft Machine dende a psicodelia, a través de influencias jazz, cara un estilo hard rock máis amplo, como CaravanHatfield and the NorthGong e National HealthPink Floyd gozou dun gran éxito comercial, que tamén se movera dende a psicodelia tras a saída de Syd Barrett en 1968, co álbum The Dark Side of the Moon (1973), visto como unha obra metra do xénero, converténdose nun dos álbums máis vendidos de todos os tempos. Púxose énfase no vistuosismo instrumental, con Yes amosando as habilidades do guitarrista Steve Howe e do teclista Rick Wakeman, mentres que Emerson, Lake & Palmer foi un supergrupo que produciu algúns dos traballos tecnicamente máis esixentes do xénero. Jethro Tull e Genesis perseguiron metas moi diferentes, pero cun selo musical claramente inglés. A meirande parte das bandas británicas dependían só dun pequeno grupo de seareiros, pero un feixe delas, ccomo Pink Floyd, Genesis e Jethro Tull,conseguiron producir sinxelos top 10 no Reino Unidoe entrar no mercado estadounidense.
A marca estadounidense de rock progresivo variou dende os innovadores e eclécticos Frank ZappaCaptain Beefheart e Blood, Sweat & Tears, ata bandas máis orientadas ao pop rock como BostonForeignerKansasJourney e Styx. Estas, xunto cos grupos británicos Supertramp e ELO, demostraron unha influuencia do rock progresivo e á súa vez estiveron entre os artistas máis exitosos comercialmente dos 70, iniciando a era do arena rock, que duraría ata que os custosos e complexos concertos (a miúdo con ecenarios teatrais e efectos especiais) foron substituídos polos máis económicos festivais de rock como principais eventos ao vivo nos anos 90[9].
A liña instrumental do xénero deu como resultado discos como o Tubular Bells (1973) de Mike Oldfield, a primeira edición, e un éxito en todo o mundo, do selo Virgin Records, converténdose nun dos piares do estilo. O rock instrumental foi particularmente significativo na Europa continental, permitindo a bandas como KraftwerkTangerine DreamCan e Faust eludir as barreiras lingüísticas. O seu pesado "Kraut rock" baseado en sintetizadores, xunto co traballo de Brian Eno (por un tempo teclista de Roxy Music), sería unha gran influencia no posterior synth rock. Coa chegada do punk rock e os cambios tecnolóxicos nos 70, o rock progresivo foi sendo desestimado por pretencioso e esaxerado. Moitas bandas separáronse, pero algunhas, como GenesisELPYes e Pink Floyd, conseguiron regularmente exitosos álbums acompañados de xiras mundiais. Algúns grupos creados como consecuencia do punk, como Siouxsie and the BansheesUltravox e Simple Minds, amosaron a influencia do rock progresivo, ademais das máis recoñecidas influencias punk.

Jazz rock[editar | editar a fonte]

Artigo principal: jazz rock.
A finais da década dos 60 apareceu o jazz rock como un subxénero distinto das escenas do blues rock, do rock psicodélico e do rock progresivo, mesturando a potencia do rock coa complexidade musical e elementos de improvisación do jazz. Moitos dos primeiros músicos de rock and roll estadounidense iniciáranse no jazz e levaron algúns destes elementos a este novo estilo. No Reino Unido o subxénero do blues rock, e moitas das súas principais figuras, como Ginger Baker e Jack Bruce de Cream, emerxeran da escena británica do jazz. O primeiro grupo de bandas que conscientemente usaron a etiqueta foron conxuntos de R&B orientados ao rock branco que fixeron uso de seccións de metais jazzisticas, como Electric FlagBlood, Sweat & Tears e Chicago, para converterse nalgúns dos artistas máis exitosos comercialmente de finais dos 60 e principios dos 70.
Os músicos británicos que xurdiron no mesmo período dende a escena do blues para facer uso dos aspectos tonais e de improvisación do jazz, como Nucleus e o spin-off de Graham Bond John Mayall Colosseum. Das escenas do rock psicodélico e de Canterbury viñeron Soft Machine, que produciron unha das fusións dos dous xéneros máis exitosa artisticamente. Quizais a fusión máis aclamada pola crítica chegou dende o lado jazz da ecuación con Miles Davis, particularmente influenciado polo traballo de Hendrix, incorporando instrumentación rock ao seu son no álbum Bitches Brew (1970). Foi unha gran influencia en posteriores artistas de jazz rock, como Herbie HancockChick Corea e Weather Report. O xénero comezou a esvaecerse a finais dos 70, cando unha forma máis suave da fusión comezou a tomar a súa audiencia, pero artistas como Steely DanFrank Zappa e Joni Mitchell gravaron significativos álbums influenciados polo jazz nesta época, e continuou sendo unha das principais influencias na música rock.

Comentarios

Entradas más populares de este blog

merenghe

cumbia

salsa